EVENTOS

CLAUSURA DO ANO CULTURAL LUGRÍS FREIRE


NESE ACTO PRODUCIRASE A ESTREA DO DOCUMENTAL SOBRE O ILUSTRE SADENSE REALIZADO POR GALLAECIA FILMES




ACTO EN SADA SOBRE A FIGURA DE LUGRÍS FREIRE

  

Hoxe, venres día 3 de xaneiro de 2014, finalizamos a rodaxe do documental sobre Manuel Lugrís Freire no teatro Rosalía de Castro da Coruña en compaña do autor Francisco Pillado Mayor. Agora "soamente" nos queda a montaxe. Esperamos poder dar a coñecer o documental no acto de clausura do ano cultural Lugrís Freire, alá polo mes de febreiro.
       Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron neste proxecto.


GRAVACIÓN NA REAL ACADEMIA GALEGA Hoxe, xoves 19 de decembro, gravamos en vídeo a D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, para o proxecto documental sobre Manuel Lugrís Freire. Nas fotografías aparecen con Alonso Montero: Paco, Lito e Marisa (da A.C. Irmáns Suárez Picallo), Xosé (do IES Isaac Díaz Pardo) e Javier (asesor técnico de Gallaecia Filmes).
O resultado do traballo poderémolo ver o vindeiro 14 de febreiro no acto de presentación do documental realizado por Javier González Garrido, Manuel Pérez Lorenzo e Xosé Seoane.



CURTAMETRAXE FINALISTA NO CONCURSO DE VÍDEOS ORGANIZADO POR ADEGA SOBRE MEDIOAMBIENTE E REALIZADA POR GALLAECIA FILMES CON JORGE GONZÁLEZ E MANUEL COUCE CO TÍTULO: A cara oculta da Filla da Ría de Prata. 



VISITA A SAN AMARO Este venres e o xoves da vindeira semana, acompañerei ás profesoras de Filosofía do instituto e ao alumnado de 1º de bacharelato ao cemiterio de San Amaro, na Coruña. Estou seguro de que lle sacarán moito proveito á visita. Dá gusto participar en actividades multidisciplinares: Filosofía, Antropoloxía, Lingua Galega e Literatura, Historia e moito máis.
Hoxe publico unha primeira fotografía para ir abrindo boca. Trátase do  monólito que o Partido Comunista de Galicia colocou no cemiterio civil en honra dos que loitaron contra o fascismo. Coñeceremos a historia á que fai referencia.


1º ACTO DE CONMEMORACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO IES ISAAC DÍAZ PARDO.



24 DE MAIO DE 2013

O vindeiro venres, día 14 de xuño, o equipo de Gallaecia Filmes desprazarase a Cangas (Pontevedra) para recoller no Auditorio Municipal un premio polo seu documental Fontes e lavadoiros no concello de Sada.



Queremos compartir este premio con todas as persoas que colaboraron connosco para a realización do documental. Reproducimos unhas fotos da gravación e o vídeo gañador.







Presentación do documental sobre Luísa Villalta




MAIO DE 2013



VENRES DÍA 8 DE ABRIL



















VENRES  18 DE XANEIRO DE 2013 ÁS 20:00 HORAS
CASA DA CULTURA PINTOR LLORÉNS. SADA.
ESTREA DO DOCUMENTAL
FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
PRODUCIDO POR GALLAECIA FILMES-ESPAZO DCINE. 
EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO. ENTRADA LIBRE.



O EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO
comprácese en convidar a vostede
ao acto de estrea do documental
Fontes e lavadoiros no concello de Sada,
realizado por Gallaecia Filmesa produtora de audiovisuais
creada no instituto ao abeiro do Proxecto DCine
que se está a levar a cabo no centro.
O dito acto desenvolverase o venres dezaoito de xaneiro de 2013 ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.





























No hay comentarios:

Publicar un comentario