IMAXES

     Onte, xoves día 30 de outubro de 2014, realizamos co alumnado de 4º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada, un ano máis, un percorrido histórico e literario por Ourense en torno á inmensa figura de don Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras Galegas. Tan axiña como sexa posíbel, publicaremos unha pequena montaxe audiovisual coas imaxes máis significativas. De momento velaí vos vai a "foto oficial" do roteiro. Parabéns para todo o alumnado participante polo seu bo comportamento.
     Xa sabedes: "Galego, tarefa de tod@s".






ROTEIRO PONDALIANO CURSO 2013/2014: De momento comparto un par de fotografías. Máis adiante, cando o tempo de corrección de probas e demais o permita, faremos a montaxe audiovisual que nos ofrecerá a verdadeira dimensión dese día tan intenso e rápido.


Onte, mércores 21 de maio de 2014, asistimos no auditorio do centro socio cultural da Coruña "Ágora" á gala de entrega de premios do I Certame de Vídeo-poesías "PALABRASINPAPEL". Os alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo gañaron dous premios coas producións "Ondas do mar" e "Coas pálpebras baixas".
Especialmente brillantes estiveron Héctor Franco, Manuel Manovel e Carlota Fiaño, quen interpretaron a súa orixinal e recoñecida versión musical da cantiga de amigo "Ondas do mar de Vigo", de Martín Códax. Foron quen de "aplacar" os ánimos do ruidoso público e de deixar coa boca aberta aos membros do xurado. Ademais, os 52 alumnos e alumnas do ies que asistiron á gala significáronse polo seu "saber estar".
Parabéns a todos. Foi unha grata experiencia e unha grande satisfacción acompañarvos.














Onte, mércores 21 de maio de 2014, asistimos no auditorio do centro socio cultural da Coruña "Ágora" á gala de entrega de premios do I Certame de Vídeo-poesías "PALABRASINPAPEL". Os alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo gañaron dous premios coas producións "Ondas do mar" e "Coas pálpebras baixas".
Especialmente brillantes estiveron Héctor Franco, Manuel Manovel e Carlota Fiaño, quen interpretaron a súa orixinal e recoñecida versión musical da cantiga de amigo "Ondas do mar de Vigo", de Martín Códax. Foron quen de "aplacar" os ánimos do ruidoso público e de deixar coa boca aberta aos membros do xurado. Ademais, os 52 alumnos e alumnas do ies que asistiron á gala significáronse polo seu "saber estar".
Parabéns a todos. Foi unha grata experiencia e unha grande satisfacción acompañarvos.




Esta semana, por distintas circunstancias, falei cos alumnos e alumnas de bacharelato de dúas películas:
"Parranda", de Gonzalo Suárez, 1977. Baseada na obra "A esmorga", de Eduardo Blanco Amor. Unha adaptación ao cine fallida dunha extraordinaria novela.
"Ultimátum a la Tierra", de Robert Wise, 1951. Unha película que me impresionou moito cando a vin aos dez anos. A partir daquel momento souben o que era o medo.





Hoxe, mércores 15 de xaneiro de 2014, entregáronse no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo os premios da campaña de Educación Medioambiental "Ponte no medio, móvete polo territorio" promovida e organizada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) baixo o patrocinio da institución provincial.
Manuel Couce Sánchez Jorge González Garrido, alumnos do IES Isaac Díaz Pardo, participaron con "GallaeciaFilmes" (a produtora de audiovisuais creada para dar cobertura ao proxecto de excelencia educativa que se está a desenvolver no centro nestes últimos anos) co documental "A cara oculta da Filla da Ría de Prata", cinta declarada finalista da categoría única deste II Concurso de curtametraxes E ti que é o que ves?
Dáse a circunstancia ademais, de que Manuel Couce gañou tamén o 1º premio do concurso literario desta campaña (na categoría xuvenil) co relato "Os muíños do Lambre". Curiosamente, a gañadora do 1º premio do certame literario, xa na categoría de adultos, foi Vanessa Santiago Vázquez, veciña de Fontán e ex-alumna do noso instituto, co relato "A catarse oceánica?".
Parabéns! 


Moi preto da de Miño nacín en 1960. Despois, cando eu era moi pequeniño, marchamos para Betanzos, onde medrei e estudei a primaria e o bacharelato. Logo, aos 16/17 anos volvemos para Miño. Despois veu a universidade..., pero esa é outra historia.




O pasado 29 de maio, realizamos co alumnado de 4º do IES Isaac Díaz Pardo de Sada o roteiro oteriano. Primeiro no Mosteiro de Oseira. Despois no Pazo de Trasalba e para rematar pola vella Auria, o Ourense da xeración Nós. Os máis precavidos acabaron relaxándose nas augas quentes das piscinas das Burgas.





 O vindeiro venres, día 24 de maio, estrearase o documental Luísa Villalta, paixón e compromiso durante o acto de entrega de premios do X Certame Literario Luísa Villalta organizado polo IES Isaac Díaz Pardo e que se desenvolverá na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada.
     O documental está producido por Gallaecia Filmes ao abeiro do programa de excelencia educativa Proxecto DCine, desenvolvido no IES Isaac Díaz Pardo baixo a coordinación de Xosé Seoane e o asesoramento técnico de Javier González Garrido. Na súa realización participaron Amalia Álvarez Vázquez, Alejandro Cobas Silvestre, Manuel Couce Sánchez, Lara García Yáñez, Javier González Garrido, Daniel López Conde, Alejandra Presedo López, Adrián Riveiro Carro, Sara Sande Caamaño, Xosé Anxo Seoane Cao e Raquel Vázquez Presas.




Onte, venres 26 de abril, alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo recolleron o premio do concurso de vídeos Correlingua 2013 no Teatro Principal de Pontevedra, nun acto presidido polo alcalde da cidade.


Estamos estes días iniciándonos co alumnado de 1º da ESO na elaboración de relatos curtos a partir de anécdotas persoais. Para dar exemplo, conteilles unha anécdota referida a un penalti nun partido de fútbol sala, hai xa máis de trinta anos, e como baseándonos nesa anécdota poder construírmos un relato curto. Para ilustrar esa historia vou compartir agora unha fotografía do equipo de fútbol sala de Betanzos que moitos amigos recordarán. Creo que é do ano 1985. Xa choveu!



Rodaxe de "Galego: a chave do mundo"



 Emilia Docet naceu en Vigo en 1913. No ano 1933 foi elixida "Miss España". Axiña se converteu en imaxe do Partido Galeguista (fundado no 1931). Chegou a participar no famoso "Mitin das Arengas" de 1934 na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, xunto a figuras tan relevantes como Castelao, Bóveda, Otero Pedrayo, Paz Andrade e Suárez Picallo. Segundo as crónicas da prensa, Emilia pronunciou un dos discursos máis fermosos e sólidos.




Hoxe, sábado 1 de decembro, foi día de rodaxe para a produción "Fontes e lavadoiros no concello de Sada".  Pasamos por Pazos para recoller a Filuca López Rodríguez (naceu vai para oitenta anos no lugar da Pedreira, en Carnoedo). Dirixímonos ao lavadoiro de Carnoedo onde xa de nena ía lavar a roupa. Alí, fíxonos unha demostración de como era o proceso de lavado da roupa. Despois, para asombro de todos, colleu unha sella, botouna á cabeza e deu un paseo con ela. Moitas grazas por todo, Filuca!




Hoxe, sábado 10 de novembro de 2012, iniciamos a rodaxe da primeira produción de Gallaecia Filmes, o documental Fontes e lavadoiros no concello de Sada. A pesar das inclemencias meteorolóxicas, a chuvia permitiunos gravar as imaxes que tiñamos previstas.


Velaquí tedes o logotipo do proxecto DCine que inclúe a creación do ESPAZO DCine no IES Isaac Díaz Pardo e da produtora Gallaecia FILMES ao abeiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



Xa estamos iniciando o primeiro proxecto documental. Se queres participar, ponte en contacto con Xosé Seoane, profesor de galego.



     Isaac Díaz Pardo, o "mozo" que lle espetou ao mesmísimo Castelao e outros galeguistas históricos a célebre frase: "Vós sodes uns reaccionarios".
     Cando programei o proxecto didáctico "A Filla da Ría de Prata" pensei nel, busquei inspiración na súa persoa e intentei transmitirlles a súa actitude aos meus alumnos.




    Fotografía da estación de ferrocarril de "Betanzos Pueblo". Supoño que será alá polos anos 50, porque cando eu cheguei a Betanzos ao pouco de nacer en Miño (1960) xa estaban construídas a cantina e as vivendas da Renfe (na fotografía non). A denominación de "Betanzos Pueblo" obedecía á necesidade de non confundila coa outra estación do concello, a que se atopaba no Norte, que recibía a denominación de "Betanzos Infesta". A do Norte era realmente máis importante xa que alí estaba o enlace das vías Ferrol-A Coruña e A Coruña-Lugo, e polo tanto o acceso á meseta, á capital do imperio. 
    Cantos amigos, cantos xogos, cantas lembranzas teño deste espazo vital fundamental na miña infancia e primeira mocidade. Sempre que alguén me pregunta onde vivía en Betanzos, sempre contesto o mesmo: "na Estación".




     Es quen de localizar exactamente a perspectiva desta fotografía de 1925?
     Temos varias pistas: Rúa Maior, posiblemente algúns edificios sigan en pé e temos ao fondo a igrexa de Santa María.
     Fai agora (2012) esta mesma fotografía e comentamos os cambios que experimentou Sada nestas últimas décadas.




Logo de moitos anos de traballo, esta embarcación auxiliar foi abandonada á súa sorte. A vella lanchiña feita co amor do carpinteiro de ribeira axiña foi substituída por outra de fibra de vidro, máis moderna e lixeira, aínda que non tan xeitosa, tan mariñeira. Cando voltemos ao porto este verán, xa non quedarán restos. ¡Que non sexa esta a metáfora da nosa lingua!

No hay comentarios:

Publicar un comentario