VÍDEOS

CARLOS CASARES. LETRAS GALEGAS 2017
https://youtu.be/CJQpCXqCKGQ

AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA
https://youtu.be/NTUEQTjUG4U
Representación da peza dramática de Manuel María a cargo do grupo "Toxos".

MANUEL MARÍA, POETA NACIONAL DE GALICIA
https://www.youtube.com/watch?v=3UUOCkRQ5E0
Montaxe audiovisual sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2016.

PESADELO:
https://www.youtube.com/watch?v=rfxSlbfvYlU
Curtametraxe de intriga realizada co alumnado de 2.º de bacharelato no curso 2015/16. Protagonizada por María Rodríguez Tizón.

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...
https://www.youtube.com/watch?v=GZeqbI_UkEk
Montaxe que dá fe da actividade realizada pola profesora Montse Yoldi co seu alumnado de terceiro de ESO sobre o poema de Rosalía de Castro.

QUÉRO-TE
https://www.youtube.com/watch?v=9cZHGEklaPY
Proxecto realizado co alumnado de 2.º de bacharelato en febreiro de 2016.

O GALEGO ESTÁ EN NÓS
https://youtu.be/Te648P8IUwA
Vídeo do Correlingua 2016.

CONVERSAS
https://www.youtube.com/watch?v=Qm8fvp07q-Q
Proxecto de "Moucho producións". Estreado o día 23 de outubro de 2015 na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada.

MODERNISMO NA FILLA DA RÍA DE PRATA
https://www.youtube.com/watch?v=oUpvphSG45g

MATEMÁTICAS, A FONTE DA VIDA
https://www.youtube.com/watch?v=1oZBBHGTnKQ

NEGRA SOMBRA
https://www.youtube.com/watch?v=zIz3X7u4l6Q

COMO UN IRMÁN CHE FALO
https://www.youtube.com/watch?v=lOv3uzszPDI

GALEGO, A NOSA CREACIÓN COMÚN
https://www.youtube.com/watch?v=TU5tGH5EOnw

O CEO DA CORUÑA
Historias de San Amaro. Producido por Pablo Díaz Bouza.

PONDAL: ESPAZOS VITAIS
Percorrido pola vida de Eduardo Pondal.

ETERNA ROSALÍA
Homenaxe a Rosalía no aniversario do seu nacemento

ÁLBUM FAMILIAR DE OTERO PEDRAYO
Repaso ás fotografías que definen a traxectorio do Patriarca das Letras Galegas.

LUÍS SEOANE, PINTOR DE GALICIA
Montaxe coa obra pictórica de Luís Seoane.

CASTELAO, OBRA GRÁFICA
Breve repaso á obra gráfica, debuxos e cadros de Castelao.

VÍDEO RECOMPILATORIO
Montaxe de Javier González Garrido na que fai un breve repaso polas producións máis significativas de Édelingua e GallaeciaFilmes.

COAS PÁLPEBRAS BAIXAS
Montaxe baseada nun poema de Montserrat Yoldi, profesora do IES Isaac Díaz Pardo.

PAIXÓN E COMPROMISO
Montaxe baseada nun poema de Luísa Villalta, profesora que foi no noso instituto.

A CHAVE DO MUNDO
Montaxe baseada nun poema de Manuel María.

MIÑA POMBA DOURADA
Montaxe baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro.

CAMPOS DE SOIDADE
Montaxe baseada nun poema de Rosalía de Castro.

ONDAS DO MAR
Curtametraxe baseada na cantiga de amigo de Martín Códax.

GALEGO, O PASO ADIANTE
Curtametraxe realizada para o Correlingua 2014.

EXPOSICIÓN DE PINTURA SOBRE A SEGUNDA SAÍDA DE DON QUIXOTE
Realizada polo alumnado do IES Isaac Díaz Pardo baixo a coordinación de Fernando Alonso e Celia Pernas.

ACTO DE CLAUSURA DO ANO CULTURAL MANUEL LUGRÍS FREIRE
Recolle os momentos máis salientables deste acto de clausura no que se presentou o documental sobre o ilustre sadense.

MANUEL LUGRÍS FREIRE
Documental sobre o ilustre sadense. Estreouse o 14 de febreiro de 2014, no acto de clausura do Ano Cultural Manuel Lugrís Freire.

A CARA OCULTA DA FILLA DA RÍA DE PRATA
Pequena curtametraxe que quere concienciar á cidadanía en xeral, especialmente aos cargos públicos, da necesidade de coidar e respectar o medio ambiente

O HEROE DO ORZÁN
Curtametraxe da Escola de Imaxe e Son da Coruña realizada po Javier González Garrido.

CARTELISMO NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1936-1939)
Sinxela montaxe audiovisual a partir dos carteis da guerra civil. Pretende complementar outras actividades realizadas co alumnado de bacharelato.

LUÍSA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO
Realizado por Gallaecia Filmes para conmemorar o 10º aniversario do Certame Literario Luísa Villalta, organizado polo IES Isaac Díaz Pardo, de Sada.

ROTEIRO OTERIANO 2013. 4º ESO IES ISAAC DÍAZ PARDO.
Realizado o 29 de maio de 2013 co alumnado de 4º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada.

ROTEIRO PONDALIANO 2013. 1º BACHARELATO. IES ISAAC DÍAZ PARDO.
Realizado o día 22 de maio de 2013 co alumnado de 1º de bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada.

SE ETERNO, DOA VIDA
  Curtametraxe realizada con Jacobo, Johan e William, de 1ºA de bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, na que se intenta concienciar á sociedade da importancia de se converter en doador de órganos e tecidos.

"GALEGO, A CHAVE DO MUNDO"
Vídeo gañador do concurso "Correlingua 2013".
Realizado por Gallaecia Filmes, do IES Isaac Díaz Pardo.

ASÍ SE RODOU "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO".
Tomas falsas da gravación da curtametraxe coa que nos presentamos ao concurso de vídeos do Correlingua do 2013.

FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
Documental realizado por "Gallaecia Filmes". Estreouse o día 18 de xaneiro de 2013 na casa da cultura "Pintor Lloréns" de Sada. Conta co testemuño de persoas maiores de Sada que relatan en primeira persoa anécdotas do tempo no que estes lugares eran o centro neurálxico do vivir cotiá.

EU FALO GALEGO PORQUE...
Trátase do primeiro vídeo producido co alumnado de 2º de Bacharelato do IES O Mosteirón, baixo a dirección de Javier González Garrido (Genetic Films).

GALEGO, TODO O QUE BUSCAS
Vídeo gañador do certame "Correlingua 2012". Producido por Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón.

O ENTE
Filme realizado con alumnado de 3º de diversificación curricular.

NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS
Curtametraxe baseada no relato de Séchu Sende, publicado en "Made in Galiza".

AS MAZÁS CASAMENTEIRAS
Curtametraxe inspirada nun texto de Séchu Sende publicado en "Made in Galiza".

A FILLA DA RÍA DE PRATA
Documental sobre Sada. Subtitulado en inglés. Proxecto didáctico para o ámbito lingüístico e social de 4º de PDC.

A Filla da Ría de Prata
Presentación sobre Sada a partir de fotografías antigas e actuais.

O DRAMA DO CABALO DE XADREZ

     Última produción de Édelingua. Filme inspirado no texto de Rafael Dieste, protagonizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC do IES O Mosteirón. É un proxecto de Xosé A. Seoane (Guión e coordinación) e Javier González Garrido (Cámara, montaxe e dirección).

Fontes e lavadoiros do concello de Sada

     Presentación fotográfica para explicar o primeiro proxecto de documental de "Gallaecia Filmes", do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012
Sinxelo anuncio publicitario para fomentar a participación do alumnado no proceso de elección dos seus representantes no consello escolar do instituto. Realizado por dous alumnos de 4º de ESO dentro do proxecto DCine e Gallaecia Filmes.

A PEGADA INMENSA DE ISAAC DÍAZ PARDO
Sinxela presentación sobre a figura de Isaac Díaz Pardo. Contén dous retratos inéditos da autoría de Isaac Díaz Pardo. É unha contribución aos actos de homenaxe organizados pola AC Irmáns Suárez Picallo no primeiro cabodano do pasamento do galeguista.

XOSÉ NEIRA VILAS VISITA O IES ISAAC DÍAZ PARDO
Co gallo da inauguración da exposición "Querido Balbino", o autor de "Memorias dun neno labrego" visitou o Instituto Díaz Pardo.

CELSO EMILIO FERREIRO CUMPRE CEN ANOS
Co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo organizou co alumnado de segundo e terceiro da ESO, para o día 12 do 12 do 2012, ás 12 horas, o recitado conxunto do poema do celanovés "Deitado fronte ao mar", acto simultáneo na gran maioría dos centros de ensino de Galicia. 

ACTO DE ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"http://www.youtube.com/watch?v=pBwVGDvH4Yc
O 18 de xaneiro de 2013, ás 20:00 horas do serán, na casa da cultura "Pintor Lloréns" de Sada, desenvolveuse o acto de estrea do primeiro documental realizado por Gallaecia Filmes, do IES Isaac Díaz Pardo. Reproducimos con este pequeno documento o máis destacado dese evento: interpretación da canción "Galicia", presentación de Gloria Castelo e recoñecemento final ao equipo de realización.

ACTO DE INAUGURACIÓN DO ANO CULTURAL LUGRÍS FREIRE. 14 de febreiro de 2013.
O pasado xoves, 14 de febreiro de 2013, desenvolveuse na praza de España de Sada o acto de inauguración oficial do Ano Cultural Lugrís Freire, ao cumprirse o 150 aniversario do seu nacemento (11 de febreiro de 1863). 

MESA REDONDA SOBRE A FIGURA DE MANUEL LUGRÍS FREIRE. 15/02/2013

 Documento audiovisual sobre a mesa redonda organizada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en torno á figura de Manuel Lugrís Freire. Desenvolveuse na capela de San Roque, en Sada, o día 15 de febreiro de 2013, xusto cando se cumprían 73 anos do seu pasamento.

XII CERTAME MUSICAL "A MOCIDADE COA NOSA LINGUA"
Documento audiovisual que recolle a XII edición do certame musical que se desenvolveu en Sada, en abril de 2011.



No hay comentarios:

Publicar un comentario