VIÑETAS

Viñetas da lingua, caricaturas, banda deseñada, pintura, arte...

- O Home do tempo. (Alexandre Marín)
- A lingua galega en viñetas.
- Banda deseñada (viñetas, portadas...).
- Cadros para unha exposición de Luís Seoane.
- 50 homes por dez reás (Castelao).
- O Carrabouxo e o Día da Muller Traballadora (Xosé Lois).
- Retratos furtivos (Luís Seoane).



O HOME DO TEMPO: Historia da lingua galega en banda deseñada por Alexandre Marín


     Cada novo curso reviso documentación antiga, e sempre atopo algún material interesante. Hoxe pola tarde atopei un magnífico traballo de Alexandre Marín Oliva, alumno meu hai uns vinte anos no Instituto "O Pazo" de Fene. Trátase dunha serie de banda deseñada dividida en catro capítulos que titulou "O Home do Tempo" na que nos ofrece a súa particular versión da historia da lingua galega. Co gallo do inicio do novo curso escolar 2013/2014 teño a enorme satisfacción de vos agasallar co primeiro capítulo. Pouco a pouco irei publicando os capítulos restantes. Espero que vos guste este excelente traballo dun alumno de 2º de BUP (hoxe sería de 4º de ESO).










Achegamento á situación da lingua galega a través 
de viñetas publicadas na rede.




BANDA DESEÑADA, CÓMIC, VIÑETAS...



Cadros para unha exposición de Luís Seoane
50 homes por dez reás

O Carrabouxo e o Día da Muller Traballadora


O Día Internacional da Muller ten indiscutibelmente as súas orixes no movemento internacional de mulleres socialistas de finais do século XIX, que tiñan como finalidade exclusiva promover a loita polo dereito ao voto da muller, sen ningún tipo de restrición baseada no nivel de riqueza, propiedades ou educación.

O primeiro Día Internacional da Muller foi organizado nos Estados Unidos o último día de febreiro de 1908. En 1909 conmemorouse o Día da Muller en Nova York. A Segunda Conferencia de Mulleres Socialistas que tivo lugar en  Copenhague, Dinamarca, o 27 de agosto de 1910 estableceu o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.



En 1975 a ONU estableceu o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller en conmemoración dun tráxico accidente. O 8 de marzo de 1908 (outras informacións din que foi o 25 de marzo de 1911), en Nova York un gran número de mulleres que protestaban nunha fábrica téxtil ante os abusos patronais e por mellores condicións laborais foron despedidas.  Pecháronse e declaráronse en folga. Produciuse un incendio provocado e 129 obreiras morreron no seu lugar de traballo.  

































Retratos Furtivos; Luís Seoane





No hay comentarios:

Publicar un comentario